O sexismo oculto nos campus

10/04/2008
Fonte: 
El Correo Gallego

Data de publicación noutros medios: 8 Febreiro 2007

Fai uns días os primeiros datos da Unidade de Muller e Ciencia avanzaban o retrato que acarrexa de trazar o estudo presentado onte en Vigo: os campus non se salvan do sexismo e, é máis, pese ao alto nivel de formación dos seus empregados, éstes non o perciben así. Ésta é sen dúbida a peor parte, porque o problema que non se detecta non se corrixe. Mentras a comunidade académica abandeira outras causas xustas co poder de coñecemento, en materia de igualdade amosa unha notable ignorancia.