O foro do Grupo Compostela debate o papel da muller na investigación

10/04/2008
Fonte: 
La Voz de Santiago

Data de publicación noutros medios: 25 Xaneiro 2007

O Grupo Compostela de Universidades celebrará hoxe e mañá un encontro na facultade de Ciencias da Comunicación baixo o título "Muller, investigación e sociedade". O encontro servirá para analizar o papel das mulleres no ámbito social e máis concretamente no da investigación científica e universitaria. As xornadas servirán para presentar as actividades do Grupo Helsinki sobre Mulleres e Ciencia, unha entidade creada pola Comisión Europea e que foi merecedora do premio internacional do Grupo Compostela o ano pasado. Ademáis, o foro servirá tambén para presentar de forma oficial a Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia, a delegación na comunidade do Grupo Helsinki, nun acto que contará coa presenza das conselleiras de Educación e Cultura da Xunta, Laura Sánchez Piñón e Ánxela Bugallo, ademáis do reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro.