O 72% das científicas galegas non é nai e só un 13% ten cátedra

12/03/2008
O 72% das científicas galegas non é nai e só un 13% ten cátedra

Data de publicación noutros medios: 26 Xaneiro 2007

Formar parte do persoal investigador varón pode puntuar tanto como 2 artigos en revistas de prestixio, incluso en países supostamente tan avanzados en cuestións de xénero como os nórdicos. Así o evidenciou fai dez anos un estudo publicado en Nature, que analizou o currículum de mulleres e homes e que probou que con igual nivel eles tiñan o dobre de posibilidades de conseguir una bolsa posdoutoral. O persoal avaliador inconscientemente concedía esta ventaxa aos homes, según este estudo, que propiciou a creación dende a Comisión Europea del Grupo Helsinki de Mujer y Ciencia, que estes días se presenta en Santiago no Foro Compostela sobre Muller en Investigación e Sociedade. As participantes no encontro, promovido polo Grupo Compostela de Universidades, impulsado pola USC, manifestan que unha década despois pouco cambiou, anque a Administración empeza a tomar medidas. Un exemplo é a Unidade de Muller e Ciencia, da Vicepresidencia e das consellerías de Educacióne Innovación. O seu primeiro paso céntrase na diagnose da situación, que evidencia que a ciencia non se salva da discriminación laboral nin de dificultades de conciliar traballo e vida familiar. "O 72% das investigadoras non teñen fillos. Esta é unha situación que require un estudo de cales son os problemas reais que conleva ter unha carreira investigadora e querer unha vida familiar’, espuxo onte no foro a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán. Os científicos tampouco se prodigan na paternidade (un 68% no ten fillos}, anque entre elas é máis frecuente a solteiría (un 6o% fronte ó 52,8%). Pero o dato máis obxetivo é o dos soldos e o ascenso na carreira profesional (ver gráfico). "En Galicia o 65% dos alumnos universitarios e o 44% do profesorado son mulleres, mentres que só un 3% son catedráticas’, engadiu a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón. Entre os motivos, Sánchez Piñón, catedrática de Xenética, non esquece que a incorporación da muller á vida laboral é recente, pero tamén suxire a existencia de "lobbies cientíticos" copados polos homes que, como se demostrou en Natare, discriminan, anque sexa inconscientemente, ás mulleres. "Por iso é tan importante que as mulleres entren nos espazos de decisión. Nesa liña, desde a Administración xa se está romovendo que, sempre que sexa posible, nos comités de selección consituidos por nomeamento (moitos, como os tribunais, son por sorteo) haxa un 25% de mulleres; continúa a conselleira, defensora deste tipo de medidas. Sen elas incluso países abandeirados da igualdade de xénero como Holanda, Dinamarca o Alemania, ao contrario do que se podería pensar, teñen aínda menos catedráticas que España, apenas un 6,5%. O APUNTE: Ausencia nas ramas tecnolóxicas As mulleres son maioría nas aulas universitarias (casi o 70%), pero aínda unha notable minoría nas ramas tecnolóxicas. Así, en Enxeñaría Informática apenas son el 20%. O fenómeno maniféstase xa en Bachalerato: só un 25% realiza el Tecnolóxico.