As mulleres investigadoras son maioría nos tramos de salarios de ata 600 euros

10/04/2008
Fonte: 
Diario de Ferrol

Data de publicación noutros medios: 30 Marzo 2007

Vicepresidencia porá en marcha una unidade contra a discriminación no ámbito científico A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, subliñou onte que a Xunta, a través da Vicepresidencia e as consellerías de Educación e Industria, porá en marcha unha Unidade de Muller e Ciencia para loitar contra a discriminación da muller no ámbito científico e tecnolóxico. FUNCIÓNS Eliminar os desequilibrios en formación e situar a perspectiva de xénero en primeiro plano AXENCIAS > SANTIAGO ? En resposta a unha pregunta do BNG na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, Adán subliñou que esta unidade é un órgano colexiado de asesoramento co que se pretende incrementar a presenza da muller nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía. Entre as súas funciones están as de eliminar os desequilibrios na formación científica, na investigación, innovación e I+D+i e situar a perspectiva de xénero nun "primeiro plano" nos estudos e actividades científicas. A Unidade de Muller e Ciencia promoverá un programa galego de muller e ciencia que, entre outras cuestións, potencie a presenza das mulleres nos órganos responsables da selección do personal científico, así como nos órganos responsables da concesión de axudas á investigación científica. Asimesmo, realizará informes sobre a situación da muller nestes ámbitos para permitir o deseño de accións que contribúan a alcanzar a igualdade entre hombres e mulleres e evitar discriminacións, que, según sostivo Adán, "son unha realidade". Así criticou que o soldo dunha muller científica é menor ao dun home. Desta forma, precisou que no tramo dos salarios superiores a máis de 2.300 euros, hai un 72,7% de homes e un 27,3% de mulleres, mentras que no tramo de salarios de ata 600 euros, un 42,9% correspóndese a homes e un 57,1% a mulleres. Por outro lado, o Consello da Xunta autorizou a firma do convenio de colaboración entre o Ministerio de Traballo e a Vicepresidencia da Igualdade para a construción do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi) que se realizará en Santiago. O centro contará cunha inversión global de 8 millóns e estará rematado en 2008. El Cegadi será "un centro de referencia" en Galicia para a investigación e innovación en "axudas técnicas" a personas con discapacidade. No centro promoverase a autonomía destas persoas ás que se ofrecerá o apoio necesario en situacións de dependencia.