A ciencia das mulleres, enchen as aulas pero son só 038,8% dos científicos ou enxeñeiros en España, o 29% na UE

10/04/2008
Fonte: 
Galicia Hoxe

Data de publicación noutros medios: 21 Xaneiro 2007

DEBATE A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acollé o foro europeo sobre o papel das donas na investigación e as vías para superar as desigualdades Santiago será hoxe e maña o escenario do debate europeo sobre o lugar que a muller ocupa no ámbito científico e as vías para superar a desigualdade, organizado polo Grupo Compostela de Universidades na facultade de ciencias da comunicación. Á cita acudirá o Grupo Helsinqui sobre Mulleres e Ciencia, que trasladará por uns días a Galicia o debate europeo sobre esta problemática. Malia que as mulleres son maioría nas aulas universitarias, a súa presenza aínda é escasa cando se trata de promocionar no ámbito académico ata obter cátedras e postos titulares na investigación. Así o vicerreitor Lourenzo Fernández lembrou que este encontro responde á "evidencia" de que, malia a grande presenza da muller no ámbito universitario, os "postos de poder" se restrinxen ao xénero masculino. "Só hai unha muller entre todos os reiteres das universidades españolas e, a primeira catedrática de Dereito da USC é de hai cinco anos", subliñou. A apontoar este teito de cristal contribúen opinións como a do ex reitor de Harvard Larry Summers, que sostén que o déficit mulleres no ámbito científico se debe a "diferenzas innatas" entre os dous sexos. En España, o 38,8% dos científicos e enxeñeiros son mulleres, fronte ó 29% de media europea, segundo datos do ano 2003 dun estudo de Eurstat. Con todo, o número de mulleres investigadoras está a incrementarse, xa que a súa presenza no campo científico aumentou un 4% mentres que a dos homes só o fixo o 2,4%, segundo datos achegados recentemente pola conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, que engadiu o obxectivo da Xunta de acadar unha cota do 25% nas posicións de decisión para as donas, de acordo e os obxectivos da UE. No foro tamén se dará a coñecer a Unidade de Muller e Ciencia, promovida pola Xunta, e o Grupo Helsinki, formado en 1999 pola Comisión Europea adicado á muller e a ciencia e composto por expertos en cuestións de xénero. Catedráticas, só o 13% en Galicia En Galicia o 65% dos universitarios e o 44% dos profesores son mulleres, pero só un 13% opupan cátedras. Esta situación é extensible á UE, onde menos do 10% das cátedras de dirección de investigación OS DATOS Eles dirixen o 76% dos proxectos En Galicia, máis do 76% dos proxectos de Investigación subvencionados pola Dirección Xeral de Investigación dentro do programa de promoción xeral dea Investigación está dirixidos por homes, segundo datos dun informe elaborado pola Consellería de Innovación e Industria Axudas só a 30 grupos femininos A diferenza máis acusada aparece no apartado de axu¬das para Incentivar a participación de grupos consolida¬dos e de excelencia en Programas Europeos e no Plan Nacional de I+D+i. Das 158 concedidas, 128 foron a grupos dirixidos por homes. Elas acaparan a maioría de bolsas Elas levan o 51,7% das 632 bolsas para a formación da Dirección Xeral de 1+0+1. No programa Isidro Parga Pondal, destinado a contratación de doutores mozos, o 52,3% dos beneficiarios no 2005 foron donas. Tamén levan o 57,4% das bolsas predoutorals