Accesibilidade
Conformidade a estándares e accesibilidade desta web
Política de accesibilidade
A Unidade de Muller e Ciencia de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
A política de accesibilidade aplicada pola Unidade de Muller e Ciencia de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
Cumprimento de estándares
- As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004.
- Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
- A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 3 (CSS 3).
- Empregouse a linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Internet Explorer, Safari, etc.
Data de última revisión
A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 06/10/2011.
Uso das características de accesibilidade
O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido das facilidades que proporciona cada un deles.
Teclas de acceso rápido
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase premendo distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
- Microsoft Internet Explorer
Prema a combinación de teclas Alt-tecla de acceso rápido e a continuación Retorno (Enter). - Netscape e Firefox
Prema só a combinación de teclas Alt-tecla de acceso rápido. - Opera 7 e superior
Prema a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación prema só a tecla de acceso rápido. - En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.
Tamaño dos textos
As páxinas da web da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario e sen crear problemas de visualización.
Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador do xeito seguinte:
- Microsoft Internet Explorer
A través do menú Ver > Tamaño de texto. - Netscape e Firefox
A través do menú Ver > Tamaño do texto ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+ " ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Premendo Ctrl= restablécese o texto ao tamaño normal. - Opera 7 e superior
A través do menú Ver > Escala ou empregando as teclas , - e * segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.