Utilización de fitorreguladores para optimizar el calibre del fruto de Actinidia deliciosa cv. Hayward en plantaciones en...

Título: Utilización de fitorreguladores para optimizar el calibre del fruto de Actinidia deliciosa cv. Hayward en plantaciones en producción.

Autor/a: María del Carmen Salinero Corral

Centro de lectura: Escola Politécnica Superior

Data Lectura: 7 Abr 2005

Departamento: Depto. de PRODUCCIÓN VEXETAL

O cultivo de Actinidia deliciosa cv. Hayward en plantacións comerciais iniciouse en España no 1969. No 2002 colleitábanse 15.000 t en 1154 ha procedendo o 70% de Galicia e máis concretamente da provincia de Pontevedra.Salvo nas zonas de maior altitude (nordeste), Pontevedra ten un clima mediterráneo marítimo, caracterizado por precipitacións medias anuais de 1500-200 mm, temperaturas suaves no inverno, sobre todo no litoral, e unha variabilidade térmica interanual pequena. Aínda que estas características do clima son axeitadas para o cultivo do kiwi, a cantidade de horas-frío podería ser insuficiente para satisfacer as necesidades de frío invernal desta especie. Numerosos estudos en diversas zonas productoras do mundo demostraron que a falta de horas frío en climas de invernos suaves poden ser compensadas coa aplicación de cianamida de hidróxeno, optimizándose desta maneira as produccións da variedade Hayward; polo que, o seu uso axeitado podería converterse nunha práctica prioritaria para mellorar a produción de kiwi na provincia de Pontevedra.Por outra parte, vense corroborando que a aplicación de CPPU ou forclorfenuron, unha citoquinina sintética, pode incrementar as producións, modificando o tamaño do froito e acelerando a súa maduración, polo que podería ser tamén un produto de interese comercial para a produción da variedade Hayward en Galicia. Un aspecto interesante para o uso eficaz deste produto sería coñecer se a aplicación de coadxuvantes axeitados podería permitir reducir as doses sen perda de efectividade, o cal non foi investigado previamente.Neste traballo, leváronse a cabo ensaios de campo en plantacións comerciais de Actinidia deliciosa var. Hayward da provincia de Pontevedra, cós seguintes obxectivos: estudar a fenoloxía do cultivo, avaliar o uso da cianamida de hidróxeno para substituír a escaseza de horas-frío e mellorar a floración e fructificación analizando os seus efectos na fenoloxía do cultivo e avaliar o efecto do forclorfenuron con ou sen coadxuvantes na produción de froita. Os resultados obtidos foron: -Definíronse 10 estadíos fenolóxicos para a variedade Hayward de Actinidia deliciosa, abarcando dende o momento no que a planta está na latencia, con xemas de inverno, ata a maduración do froito. Esta clasificación fenolóxica pretende ser un referente que permita ós kiwicultores recoñecer os momentos máis axeitados para a realización de distintas labores do cultivo; A clasificación foi transferida ó sector e tamén transcendeu ó ámbito legal, de modo que O Seguro Combinado do Kiwi no Plan Anual de Seguros Agrarios Combinados, establece o seu período de garantía en función dos estadíos fenolóxicos C (agromación) e H (callado). -O ciclo fenolóxico anual da variedade Hayward en Pontevedra é o seguinte: latencia durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro; comezo da Agromación o principio de marzo; visualización dos botóns dende principios de abril; comezo da floración dende os primeiros días de maio; callado do froito nos primeiros días de xuño; e crecemento do froito dende xuño ata comenzar novembro, momento no que o froito está maduro para ser colleitado. -Demostrouse que as xemas achegadas ó extremo distal das ramas teñen maior agromación, maior agromación fértil e un maior número de flores por brote fértil que determina unha maior produción. Isto leva a recomendar a realización de podas de inverno longas, deixando ao menos 15 xemas por rama sempre que os froitos do último brote no toquen o chan. -A aplicación de cianamida de hidróxeno (concentración do 6%) 40 días antes da data esperada da agromación, compensa en gran medida a escaseza de hora-frío que a cv. Hayward necesita para romper a súa latencia de inverno, especialmente nos anos de invernos suaves. Nesas condicións a cianamida de hidróxeno adianta e sincroniza a agromación e a floración, incrementa o número de froitos e potencia a produción de froitos de calibres grandes, diminuíndo a de calibres pequenos, no conxunto da colleita. -A aplicación de florclorfenuron (CPPU), especialmente cando se realiza un único tratamento 20 días despois da plena floración incrementa o tamaño e o peso do froito, determinando colleitas de maior volume, cunha maior proporción de froitos de calibres grandes en detrimento da produción de froitos de calibres pequenos. Para obter estes beneficios na produción basta con utilizar concentracións de CPPU de 10 ppm. -Os efectos do CPPU sobre a produción e o engorde do froito son maiores cando as plantacións se tratan previamente con cianamida de hidróxeno. -A adicción dos coadxuvantes comerciais como Agral, Citowettt y Nu-Film ó caldo de CPPU permite utilizar concentracións baixas de citoquinina para conseguir incrementos da cantidade e calidade da colleita, sobre todo no caso dos dous surfactantes. -Ningún destes produtos (cianamida de hidróxeno, CPPU, coadxuvantes), coas doses ensaiadas, causa deformacións no tronco, ramas, brotes novos, follas, pecíolos, pedúnculos ou froitos da variedade Hayward de Actinidia deliciosa.

Director/a: Mª Jesús Sáinz Osés e Antonio Miguel de Ron Pedreira

Áreas: Enxeñería e Tecnoloxía,Universidade de Santiago de Compostela