Síndrome de Burnout em professores de instituiçoes particulares de ensino.

Título: Síndrome de Burnout em professores de instituiçoes particulares de ensino.

Autor/a: Mary Sandra Carlotto

Centro de lectura: Facultade de PSICOLOXÍA

Data Lectura: 21 Dec 2005

Departamento: *Depto. de PSICOLOXÍA SOCIAL E BÁSICA

Na actualidade, a natureza e a organización do traballo do profesor posúen características que o expoñen a factores estresantes e que poden levalo á Síndrome de Burnout. Esta síndrome foi definida como o resultado do estrés crónico que é típico da cotidianeidade do traballo, principalmente canto neste existe exceso de presión, conflitos, poucas recompensas emocionais e recoñecemento. O presente estudo, de carácter exploratorio-correlacional, avaliou o nivel de Síndrome de Burnout en profesores de institucións privadas da rexión metropolitana do estado de Riu Grande dó Sul (Brasil), verificando a existencia de diferenzas significativas entre profesores universitarios e non universitarios. Tamén buscou verificar a existencia de asociación entre Burnout, factores de motivación, factores de satisfacción no traballo, variables demográficas e profesionais, así como as variables predictivas das dimensións de Burnout. A mostra estivo constituída por 563 profesores de ensino infantil, básico, media e universitaria; sendo que, destes, 280 pertencen ao grupo de universitarios e 283 ao de non universitarios. Para a recollida de datos utilizouse un cuestionario para identificación de variables demográficas e profesionais e tres escalas psicométricas: Maslach Burnout Inventory (MBI), Job Diagnostic Survey (JDS) e Cuestionario de Satisfacción Laboral (S20/23). Os datos foron tabulados no SSPS (Statistical Package for Social Science) con vistas ao seu tratamento estatístico a nivel descritivo (frecuencias, medias e desvío standart), inferencial e multivariado, (análise factoriais confirmatorios, análise correlacional, análise de regresión). Os resultados mostran que os profesores non universitarios presentan maior Exhaustividade Emocional e maior Baixa Realización Profesional que os universitarios. As variables demográficas, profesionais, de motivación e de satisfacción no traballo asociáronse de forma diferenciada nos dous grupos. As variables predictivas tamén se presentan en forma diferenciada en profesores universitarios e non universitarios. Dos resultados deste estudo, poderíamos concluír que: 1. Perfil demográfico: Os 563 profesores que constitúen o grupo estudado son, na súa maioría, mulleres, casadas e con fillos. No grupo de profesores universitarios evidenciouse un equilibrio entre as porcentaxes obtidas por homes e mulleres. Entre os profesores non universitarios hai unha predominancia de sexo feminino. Con relación á idade, verifícase que o número de profesores non universitarios con menos de 30 anos presenta unha porcentaxe de máis do dobre que o dos universitarios. A maior parte dos docentes de ambos os dous grupos concéntrase na franxa de idade de 30 a 50 anos. E na última franxa de idade, a de máis de 50 anos, os profesores universitarios posúen porcentaxes próximas ao dobre dos non universitarios. 2. Perfil profesional e laboral: Común aos dous grupos é o feito de que a maior parte dos profesores non Traballan somente na universidade ou na escola, facéndoo, ademais, noutra institución ou actividade. Tamén presentan unha media semellante de tempo xeral no ensino, de arredor de 12 anos. Os grupos diferéncianse con relación á titulación (PU presentan maior nivel de titulación), quenda de traballo (PU actúan de forma máis homoxénea nas tres quendas e PNU concéntranse máis nas quendas da mañá e da tarde), CH semanal de 20 a 40 horas, na cantidade de alumnos atendidos (PU atenden de 21 a 200 alumnos diariamente e PNU de 21 a 10 alumnos), no tipo de actividade extra-institucional (PU actúan como profesionais liberais e PNU noutras institucións de ensino), na carga horaria de ensino (PNU posúen maior carga horaria para esta actividade), na actividade preferente (PNU prefiren esta actividade e PU prefiren asociar esta actividade á investigación), no tempo de ensino (PU posúen máis tempo no ensino actual e PNU na escola actual). 3. Os Profesores non universitarios presentan, con relación á burnout, maior Exhaustividade Emocional e Maior Baixa Realización Profesional que os universitarios. 4. Identificouse unha asociación entre a Síndrome de Burnout e determinadas variables demográficas dos profesores universitarios; de modo que, os profesores na franxa de idade de 30 a 50 anos presenta maior Exhaustividade Emocional. Tamén se verificou que canto maior a idade, menor é o sentimento de exhaustividade emocional e de despersonalización. 5. Encontrouse unha asociación entre a Síndrome de Burnout e variables profesionais e laborais en profesores universitarios soamente nas dimensións de Exhaustividade Emocional e de Despersonalización. Profesores que actúan na área da saúde posúen maior desgaste emocional. Os que traballan en tres quendas tamén evidencian maior exhaustividade emocional. A medida que aumenta a carga horaria do profesor, aumenta o seu sentimento de desgaste emocional. Traballar soamente na universidade fai que os profesores presenten maior sentimento de baixa realización profesional. Ningunha das variables profesionais e laborais estudadas presentaron asociación no grupo PNU. 6. Detéctase unha asociación entre a Síndrome de Burnout e a Motivación no Traballo en profesores universitarios. Os profesores con maior identificación coa tarefa, maior autonomía e potencial motivacional, presentaban menor exhaustividade emocional e menor despersonalización. A despersonalización tamén diminuía na medida que o profesor percibía o seu traballo como significativo. Sentirse realizado profesionalmente relaciónase co significado do traballo, coa autonomía, co feedback intrínseco recibido e o potencial motivacional do cargo. En profesores non universitarios a exhaustividade emocional se presenta máis baixa co aumento do feedback extrínseco e do contacto social. A despersonalización diminúe na medida que aumenta o feedback intrínseco recibido na función. O sentimento de realización profesional aumenta co significado percibido da tarefa, así como co feedback intrínseco e extrínseco e o contacto social realizado. Común aos dous grupos é a asociación negativa entre a baixa realización profesional e o significado da tarefa e do feedback intrínseco. 7. Evidénciase unha asociación entre Síndrome de Burnout e Satisfacción no Traballo no grupo de profesores universitarios en todas as dimensións de burnout, agás entre a satisfacción co ambiente físico de traballo e as dimensións de despersonalización e baixa realización profesional. Profesores non universitarios presentan maior exhaustividade emocional canto maior é a insatisfacción coa supervisión, coas políticas e beneficios, co valor intrínseco do traballo e coa participación. Con relación á despersonalización, esta tende a aumentar na medida que se eleva a insatisfacción con aspectos intrínsecos da tarefa, coa supervisión e coa participación. Todas as dimensións da satisfacción no traballo causan impacto sobre o sentimento de realización no traballo. A insatisfacción aumenta o sentimento de incompetencia e de non realización profesional. 8. As variables relacionadas co contexto laboral predominan no modelo explicativo de burnout nos profesores de ambos os dous grupos, aínda que se presenten de forma diferenciada. Nos profesores universitarios a maior porcentaxe explicativa para a Exhaustividade Emocional foi a satisfacción co Salario, para a Despersonalización foron as Horas de Investigación e para a Baixa Realización Profesional, a Satisfacción coa Medra. Nos profesores non universitarios a mesma variable, Satisfacción coa Medra, explicou a maior porcentaxe de varianza nas tres dimensións de Burnout. Os resultados obtidos neste estudo parecen confirmar o modelo sociolóxico (Woods, 1999) e o modelo psicolóxico (Farber, 1991), que pretenden explicar a manifestación de burnout en profesores. O sociolóxico confírmase a través da emerxencia de factores macro-sociais (variables profesionais) e o psicolóxico, a través da importancia dada ao significado do traballo (motivación intrínseca da actividade). Tendo en conta que a adecuación dun modelo vén determinada pola súa capacidade para prever con exactitude os diversos resultados que se poidan producir baixo certas condicións, cremos que os resultados sinalan a necesidade de comprender o burnout a partir da consideración conxunta de ambos os dous modelos explicativos, véndoos de forma complementaria, en vez de mutuamente excluíntes. Esta visión é compartida por Farber (1991), quen afirma que ningún modelo individual resulta, hoxe por hoxe, completamente satisfactorio para explicar definitivamente o síndorme.

Director/a: Dámaso Rodríguez Fernández

Areas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela