Diseño de una metodología y un sistema de ayuda a la decisión espacial para la planificación de los usos del suelo rural...

Título: Diseño de una metodología y un sistema de ayuda a la decisión espacial para la planificación de los usos del suelo rural. Aplicación a la comarca da Terra Chá

Autor/a: Ines Santé Riveira

Centro de lectura: Escola Politécnica Superior

Data Lectura: 16 Set 2005

Departamento: Depto. de ENXEÑARÍA AGROFORESTAL

Os cambios que está experimentando o medio rural fan cada vez máis necesario o emprego de ferramentas para a axuda á toma de decisións á hora de vincular actividades e territorios e viceversa. Fronte a esta necesidade, atopouse a carencia dunha metodoloxía que englobe todas as etapas dun proceso de planificación de usos do solo e que sexa sistematicamente aplicada en Galicia. Na presente investigación deseñouse unha metodoloxía que proporciona un procedemento cuantitativo para a axuda na toma de decisións na planificación de usos do solo rural. Esta metodoloxía consta de tres etapas relacionadas entre elas; a avaliación de terras, a optimización das superficies de uso do solo e a asignación espacial das mesmas. A avaliación da aptitude da terra realizouse mediante dous métodos de avaliación multi-criterio, a suma lineal ponderada e a análise de punto ideal, e o esquema FAO con puntuación das limitacións. Para a optimización de superficies deseñouse un modelo de programación lineal multi-obxectivo, onde as variables de decisión corresponden ós usos do solo e os obxectivos inclúen aspectos económicos, sociais e ambientais. Os mapas de aptitude e as superficies obtidas nas dúas etapas anteriores utilizáronse para deseñar o mapa final de uso do solo mediante tres técnicas; a optimización xerárquica, a análise de punto ideal para obxectivos conflictivos e un algoritmo heurístico baseado no ‘simulated annealing’. Esta metodoloxía aplicouse no deseño dun Sistema de Axuda á Decisión Espacial que, ademais de automatizar os procesos e operacións necesarias, permite ó usuario expresar as súas preferencias e opinións nas distintas etapas da planificación. A interactividade do sistema de axuda á decisión permite integrar os métodos científicos co coñecemento e experiencia dos planificadores ou outros axentes implicados no proceso. Os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) están adquirindo unha importancia crecente nos procesos de planificación territorial, do mesmo xeito os datos espaciais demandados por estes programas están cada vez máis dispoñibles a un costo aceptable. Isto motivou o emprego como base do sistema dun SIX, sobre o cal se integraron outras ferramentas de modelización e optimización mediante programación. Por último, a metodoloxía e o sistema deseñados validáronse mediante a súa aplicación para a xeración de escenarios de uso do solo na comarca de Terra Chá. Terra Chá é a comarca máis extensa de Galicia, o que permitiu comprobar a eficacia do sistema para a resolución de problemas de gran tamaño e a xestión dun número elevado de factores de análise.

Director/a: Rafael Crecente Maseda

Áreas: Enxeñería e Tecnoloxía,Universidade de Santiago de Compostela