Desarrollo y optimización de metodología analítica para la determinación de hidrocarburos aromáticos polcíclicos (PAHs)...

Título: Desarrollo y optimización de metodología analítica para la determinación de hidrocarburos aromáticos polcíclicos (PAHs) en matrice medioambientales

Autor/a: Luis Pensado Gómez-Ulla

Centro de lectura: Facultade de QUÍMICA

Data Lectura: 14 Xul 2006

Departamento: Depto. de QUÍMICA ANALÍTICA, NUTRICIÓN E BROMATOLOXÍA

Os hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs) conforman unha das familias de contaminantes medioambientais historicamente máis investigadas no campo da química analítica debido ó seu carácter carcinoxénico e mutaxénico ó que fan referencia numerosos organismos internacionais como a OMS, a EPA, IARC, etc. Nembargantes, ademais da súa orixe natural, as crecentes emisións derivadas da industrialización da sociedade, sumado ós continuos avances da ciencia que ofrece ós investigadores novas ferramentas e novas técnicas, e as continuas revisións na lexislación vixente, sitúa ós PAHs nun lugar destacado e de actualidade permanente no que a química analítica debe avanzar. O traballo recollido nesta memoria supón o desenrolo e optimización de novas técnicas analíticas aplicadas á análise de PAHs en diversas matrices medioambientais. Ademais da aplicación de programas informáticos especificamente deseñados tanto para a optimización de separacións por HPLC en gradiente ternario como para a composición de mostras aplicada a análise de PAHs, o traballo aborda novidosas metodoloxías de extracción destes contaminantes en diferentes mostras de interese ambiental.

Director/a: Mª del Carmen Casais Laiño e Mª del Carmen Mejuto Martí

Áreas: Ciencias Experimentais,Universidade de Santiago de Compostela