Charterización and dynamics of the cultural landscapes in Galicia with GIS and remote sensing for planning and management...

Título: Charterización and dynamics of the cultural landscapes in Galicia with GIS and remote sensing for planning and management. Application in a northern area of the province of Lugo

Autor/a: María Silvia Calvo Iglesias

Centro de lectura: Escola Politécnica Superior

Data Lectura: 8 Xul 2005

Departamento: Depto. de ENXEÑARÍA AGROFORESTAL

Nesta investigación desenroláronse varios métodos para a caracterización e estudo da dinámica das paisaxes culturais en Galicia, con SIX e teledetección para a súa aplicación e xestión. A área de estudo abrangue seis concellos do norte de Galicia (NO España) en 1956/57 e 2000.As principais fontes empregadas foron o mapa de paisaxes agrarias de Galicia elaborado por Bouhier (1979), un conxunto de fotografías aéreas de 1956/57 e 2000, os parcelarios de Catastro en formato dixital e información estatística sobre a actividade agraria e a poboación.As análises realizáronse a partires da información de 82 puntos de mostraxe seleccionadas mediante unha mostraxe aleatoria estratificada segundo os tipos de paisaxe dun 10% dos asentamentos de poboación da área de estudo. Entorno a cada punto de mostraxe trazouse unha parcela de 500 metros de radio de forma que a área total de mostraxe correspondeu a un 10% da área de estudo. Fixéronse entrevistas semi estructuradas a labregos seleccionados ó azar en cada parcela de mostraxe, co fin de obter información sobre o sistema agrario tradicional e actual, a toponimia das leiras cultivadas, o patrimonio cultural e a percepción sobre os cambios na paisaxe. Co obxecto de identificar elementos estructurais complexos característicos das paisaxes agrarias, agregouse a información das entrevistas cos resultados obtidos da fotointerpretación e da microtoponimia contida nos parcelarios catastrais. A cobertura do solo en 1957 e 2000 identificouse e dixitalizouse a partires das fotografías aéreas, o que permitiu o cálculo posterior das clases de cobertura dominantes, das matrices de continxencia e dos seus índices asociados, así como dos índices do patrón paisaxístico en cada unha das parcelas de mostraxe.A caracterización levou á identificación dos principais tipos de paisaxes en cada parcela de mostraxe a partir dos seus elementos estructurais característicos, a análise das súas diferencias no tocante a parámetros ambientais, socioeconómicos (i.e. cobertura do solo e sistema de aproveitamentos) e as características do patrón paisaxístico. Asumindo a existencia de cambios como unha característica intrínseca da paisaxe, o estudo da súa dinámica supuxo examinar as direccións de cambio na cobertura do solo e os cambios no patrón paisaxístico mediante análise multivariante, así como a evolución das paisaxes agrarias e a súa relación cos cambios sociais e socioeconómicos.O coñecemento tradicional amosou ser unha fonte de información clave no inventario dos elementos da paisaxe cultural, identificando ademais os cambios na paisaxe no eido local, o cal é de gran importancia no desenvolvemento de indicadores de paisaxe sobre os valores culturais e do estado de conservación das paisaxes culturais. Tamén, é unha fonte de información da xestión da paisaxe no eido local, o que permite a identificación das prácticas culturais que contribúan ó mantemento da paisaxe e da súa biodiversidade.Esta investigación amosou a concordancia entre as descricións de Bouhier (19799 sobre o sistema de aproveitamentos a unha escala rexional coas proporcionadas polas comunidades locais na área de estudo. De forma xeral, observouse que o acordo entre as paisaxes agrarias identificadas na área de estudo, coas identificadas por Bouhier, aínda que observáronse diverxencias respecto a súa área de distribución e límites.A fotografía aérea a unha escala de detalle é unha fonte esencial de información para a identificación e cartografía das paisaxes e dos seus elementos estructurais. Facilita a identificación dos elementos estructurais particulares das paisaxes de bocage e bancais, nembargantes non amosou unha efectividade satisfactoria na identificación das agras, resultando necesaria a utilización de fontes adicionais. A microtoponimia contida nos parcelarios catastrais contribuíu á identificación das estructuras paisaxísticas das paisaxes de agras nas fotografías aéreas.No tocante ás características das principais paisaxes, observouse que as paisaxes de agras e bocage presentaban diferencias estatísticamente significativas en altitudes, pendentes e variables do patrón paisaxístico, así como no seu sistema de aproveitamentos. O estudo da dinámica da paisaxe permitiu a identificación dos cambios na cobertura do solo ligados á reorientación da actividade agraria, nalgúns casos, e á marxinalización da agricultura noutros. Os cambios no patrón paisaxístico foron o incremento da fragmentación debidos ó incremento de infraestructuras viarias e ó incremento da heteroxeneidade na cobertura do solo pola introducción de usos forestais nas terras de cultivo. Respecto á cobertura do solo, a carácter da paisaxe viuse modificada desde unha clara dominancia de áreas de cultivo, á dominancia de praderías, e de repoboacións nalgúns casos. Contrariamente ó acontecido na cobertura do solo, os elementos estructurais paisaxísticos son os que amosan unha maior resistencia ó cambio, a excepción das áreas nas que se fixeron actuacións de concentración parcelaria. Os cambios observados na paisaxe, moderados nalgúns casos e drásticos noutros, manifestan a existencia dunha evolución propia sen control, que leva a incertidumbre sobre o carácter futuro das paisaxes agrarias, o que fai necesario a implementación de políticas de planificación para a súa conservación e xestión.

Director/a: Rafael Crecente Maseda e Urbano Fra Paleo

Áreas: Enxeñería e Tecnoloxía,Universidade de Santiago de Compostela