Caracterización molecular y genética de la proteina p47 de Neisseria meningitidis: una alternativa para el desarrollo de una...

Título: Caracterización molecular y genética de la proteina p47 de Neisseria meningitidis: una alternativa para el desarrollo de una vacuna antimeningocócica universal.

Autor/a: Jesús Andrés Arenas Busto

Centro de lectura: Facultade de FARMACIA

Data Lectura: 22 Xun 2006

Departamento: Depto. de MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA

O principal problema na prevención da meningitis meningocócica segue sendo o desenvolvento de unha vacuna eficaz contra o serogrupo B. As vacunas basadas no polisaxárido capsular, aínda que foron exitosas contra o resto de serogrupos, non poideron dar resposta á prevención da enfermidade causada por dito serogrupo, polo que na actualidade as invetigacións céntranse no estudo de outras moléculas como as proteinas de membrana externa. Non obstante, as esixentes características que debe cumplir un antígeno ideal como unha reducida variabilidade antigénica, exposición e expresión na superficie ou xeneración de anticorpos funcionais son requerimentos difíciles de cubrir polos candidatos propostos ata o momento. En estudos previos detectamos, entre diferentes antígenos comúns ao xénero Neisseria, un antígeno de 47 Kda (P47) capaz de xerar anticorpos en humáns tras a invasión do meningococo. En esta tese doctoral plantexámonos identificalo e estudar as súas características moleculares, xenéticas e antigénicas en gran número de cepas, así como realizar unha valoración preliminar da súa posible utilización en unha vacuna universal contra dita enfermidade. O antígeno P47 correspondeuse con unha lipoproteina ubicada na membrana externa da envolta do patóxeno bactoriano e tamén presente en N. lactamica, N. sicca e N. sbfava (gen NMAO281, segundo cepa Z2491 de N. Meningitidis).Aínda que non empregemos ningunha cepa de N. gonorrhoeae nos nosos estudos dito xen tambén está presente en unha cepa secundaria de esta especie (FA1090). O uso de diferentes medios de cultivo, o contexto xenómico onde se ubica o xen e a similitude de dominios con outras proteínas coñecidas nos indicou que se trata de unha molécula implicada no metabolismo de metales. A obtención de un suero específico contra a proteina desnaturalizada e os ensaios de reactividade cruzada realizados mediante as técnicas de westerm-biotting, dot-blotting e FCM permitiron valorar a súa elevada expresión en N. Meningitidis. Mediante o emprego de estas técnicas tamén observamos que é accesible aos anticorpos en estudos in vitro aínda que mostra variabilidade inter- e inta- poblacional, posiblemente pola presencia ou non de estructuras da envoltura externa, a súa asociación a atrás OMPs ou a conformación da molécula na membrana. Os seus epitopos lineais son altamente conservados entre todas as cepas incluidas no estudo (33) e antixénicos tanto en humanos como en distintos animais de experimentación e tanto si se inmuniza na súa condición nativa (vesículas de membrana externa) como desnatualizada. A secuenciación completa do xen que a codifica e o uso de ferramentas bioinformáticas indicaron que a molécula está moi conservada estructuralmente e polo tanto cumple as características xenético-moleculares de un antíxeno ideal. Os anticorpos xenerados pola lipoproteína P47 foron capaces de activar a vía clásica do complemento contra a cepa homóloga. A realización de novos ensaios permitirá valorar definitvamente a súa inclusión en unha vacuna antimeningocócica universal, quedando así aberto o estudo de esta nova alternativa contra a enfermidade.

Director/a: Carlos Ferreirós Domínguez e Sandra Sánchez Poza

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela