Caracterización de la señal de calcio, regulación del pH y liberación de Histamina en la línea celular HMC-1

Título: Caracterización de la señal de calcio, regulación del pH y liberación de Histamina en la línea celular HMC-1

Autor/a: Octavio Pernas Sueiras

Centro de lectura: Facultade de VETERINARIA

Data Lectura: 17 Mar 2006

Departamento: Depto. de FARMACOLOXÍA

Os mastocitos teñen unha importancia fundamental en procesos inflamatorios e inmunitarios do tipo de alerxias, urticarias, así como en enfermedades autoinmunes. Para o seu estudo, utilizáronse de xeito habitual mastocitos de rata, mastocitos obtidos mediante o cultivo de células precursoras hematopoiéticas, así coma diversas liñas celulares. De todas elas, a liña HMC-1 é a mellor coñecida e máis amplamente utilizada, sendo a súa orixe humana unha grande vantaxe á hora de poder extrapolar os datos que se obteñan do seu estudo ao coñecimento de mastocitos humanos. O obxectivo desta tese é caracterizar o proceso de activación da liña HMC-1, que é aínda pouco coñecido. Para iso, utilizouse o parámetro de liberación de histamina. Ademáis, quérese estudar a posible influencia sobre ese proceso de dúas rutas metabólicas de importancia, que participan na regulación de numerosos procesos celulares: - o sinal de calcio, un segundo mensaxeiro universalmente recoñecido. - o pH intracelular, un parámtero físico-químico que en estudos previos apunta un posible papel como novo sinal de transducción. As conclusións deste traballo son: 1.- Unha alcalinización intracelular é, por sí mesma, un sinal suficiente para inducir a exocitose en células HMC-1. 2.- En células HMC-1, un incremento de calcio citosólico non é un sinal suficiente para inducir liberación de histamina. 3.- As células HMC-1 presentan reservorios intracelulares de calcio modulables por diversos fármacos, e o seu vaciado induce unha entrada de calcio a través de canais SOC. 4.- En células HMC-1, unha alcalinización intracelular activa a salida de calcio a través da ATPasa de calcio da membrana plasmática. 5.- A estimulación da PKC incrementa a alcalinización intracelular e a liberación de histamina inducidas por cloruro amónico en células HMC-1. 6.- En células HMC-1, o incremento dos niveis de AMPc potencia a alcalinización intracelular e a liberación de histamina inducidas por cloruro amónico.

Director/a: Luis Miguel Botana López e Mª Amparo Alfonso Rancaño

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela