Caracterización de la respuesta inmunitaria y estudio de la inmunidad cruzada en fasciolosis ovina

Título: Caracterización de la respuesta inmunitaria y estudio de la inmunidad cruzada en fasciolosis ovina

Autor/a: Carmen María Lomba Gómez

Centro de lectura: Facultade de VETERINARIA

Data Lectura: 21 Dec 2005

Departamento: Depto. de PATOLOXÍA ANIMAL

En estudios previos realizados na Cátedra de Parasitoloxía e Enfermidades parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) comprobóuse que en Galicia se dan as condicións climáticas ideais para o desenrolo do ciclo de Fasciola hepatica, polo que a prevalencia da fasciolose no gando bovino e ovino é elevada. As importantes perdas económicas producidas fan imprescindible dispor de métodos de diagnóstico precoces, específicos e sensibles para detecta-la infección. Planteóuse un estudio co galo de coñece-los problemas da aplicación do ELISA-indirecto na detección da fasciolose ovina, especialmente na resposta inmunitaria cruzada, cos trematodos Calicophoron daubneyi e Dicrocoelium dendriticum. Se infectaron de forma experimental años con metacercarias de Fasciola hepatica, e reinfectáronse ás 14 semanas post-infección. Estudióuse a liberación de antíxenos circulantes na fase endóxena do trematodo, e a desposta inmuinitaria humoral. Demostróuse que as fasciolas migraban polo parénquima hepático durante as 8 semanas p.i., estimulando a producción de anticorpos IgG a partir da 3ª semana p.i. De seguido se evaluou a reposta inmunitaria cruzada frente a C. daubneyi e D. dendriticum, comprobándose que os soros obtidos dos años entre as semanas 4 e 109 p.i. reaccionaban con antíxenos destas parásitas.; os soros da reinfección só o fixeron co antíxeno de D. dendriticum. Entre as posibles causas desta inmunidade cruzada se discutiron a existencia de componentes “comúns” ós antíxenos dos tres trematodos, e á presencia dunha fase de migración no ciclo intraorgánico deos mesmos, de xeito que se pode produci-la liberación de sustancias (enzimas) “comúns” que faciliten esta fase. O paso seguinte foi a análise da actividade funcional (enzimática) dos productos de excreción/secreción de F. hepatica. Separáronse 8 péptidos de 105-18 kDa con actividade cisteín proteasa, e mostróuse que os de peso molecular máis elevado tiñan tamén actividade metalo- e serín-proteasa.NO último capítulo se analizaron as posibilidades das 8 fraccións purificadas, como antíxenos para a detección da fasciolose, e os mellores resultasdos acháronse coas fraccións de menor peso molecular (F7, 23’5 kDa; F8, 18 kDa). Cando se analizaron as 8 proteínas con soros de ovellas con fasciolose natural, comprobamos que as mellores tamén eran a F7 e a F8, e o mesmo obtivemos na valoración dun tratamento fasciolicida.

Director/a: Adolfo Paz Silva; Rita Sánchez-Andrade Fernández e Pablo Diez Baños

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela