Cambio y continuidad en la política exterior de España hacia Marruecos: de la política de equilibrios a la política global...

Título: Cambio y continuidad en la política exterior de España hacia Marruecos: de la política de equilibrios a la política global (1982- 1996)

Autor/a: Uxía Lemus de la Iglesia

Centro de lectura: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Data Lectura: 20 Set 2005

Departamento: Depto. de CIENCIA POLÍTICA E ADMINISTRACIÓN

Desde a disciplina da ciencia política e aplicando os enfoques propios do foreign policy analysis, a hipótese principal que guia esta investigación é a relación secuencial entre a chegada ó poder en españa do partido socialista obrero español en outubro de 1982 e o cambio da política exterior de españa hacia marrocos, dunha política de equilibrios a unha política global.a expresión política de equilibrios ou de compensacións sucesivas refírese á acción iniciada polo ministro de asuntos exteriores, josé maría castiella (1957-1969) e predominante ata os primeiros gobernos da unión de centro democrático. A política de equilibrios aparecía como unha sucesión de actos alternativos de dous tipos: o primeiro, en momentos de boas relación con marrocos, compensábase cada acción dirixida hacia ese país, con outra de características similares hacia arxelia. A segunda parte da política daríase en coxunturas de crise con marrocos, nas que se buscaría o acercamento momentáneo a arxelia, para presionar a aquel estado coa mellora das relacións co seu rival rexional.esta política non deu os resultados desexados e a partir de 1982, desde o novo goberno e máis concretamente, desde o ministerio de asuntos exteriores, vai a xestarse o que se denominou unha política global. A globalidade facía referencia ó ámbito de aplicación tanto xeográfico como temático, é dicir, unha nova política que se aplicaría ó conxunto das relacións entre españa e cada un dos países magrebíes. Esta nova política era claramente de mellora pero tamén de adaptación á nova posición de españa na sociedade internacional, tras a súa entrada na organización do tratado do atlántico norte (1982) e nas comunidades europeas (1986).partindo da hipótese inicial xa referida, outra cuestión de relevancia plantésaxe nesta tese: o tempo do cambio en política exterior. As ferramentas metodolóxias empregadas, entre as que destaca a análise de contido, permitiron realizar unha cronoloxía do cambio na política exterior de españa hacia marrocos. Por un lado, prodúcese unha progresiva adaptación da política global, tanto no seu aspecto teórico como práctico, ás variacións do contexto internacional. Pero resulta de especial interese analizar cómo a política global foise modelando según as reaccións de marrocos a dita acción.no noso esquema teórico obsérvanse varias fases dentro do proceso da política exterior, integrando nas mesmas diversos elementos de modelos xa existentes. En primeiro lugar, atopámonos cos axentes primarios de cambio, as variables causas do cambio, que podemos clasificar en tres categorías. As condicións obxetivas fan referencia ó contexto internacional e á posición no sistema internacional dos estados implicados. Os estabilizadores son aqueles factores que retrasan ou impiden o cambio de política exterior. Finalmente, o entorno institucional é o conxunto de estructuras e instituciones nas que se inscribe dita acción exterior.os axentes primarios de cambio inciden no proceso de toma de decisións da política exterior, e o cambio das percepcións dos decisores débese ó resultado da observación e interpretación da experiencia, ou aprendizaxe experimental. Estas percepciones conducen á elección dunha determinada opción de política exterior, é dicir, unha decisión. Polo tanto, no segundo paso do proceso obsérvase a influencia dos axentes primarios de cambio na configuración da decisión en política exterior, nun tercer momento, transformada na práctica nunha acción de política exterior.non todalas decisións en política exterior son traducidas na práctica co mesmo éxito, o que se debe, na mayoría das veces, a que as reaccións tanto de estado obxeto da acción como doutros actores internacionais poden no ser as esperadas ou desexadas polos decisores na súa inicial configuración da política exterior. As respostas frente á acción de política exterior inciden, mediante un proceso de retroalimentación, tanto sobre os axentes primarios de cambio, que sufrirán tranformacións na súa configuración orixinal, como sobre o aprendizaxe experimental do proceso de toma de decisións. Polo tanto, esta tese analiza tódalas etapas de elaboración e aplicación da política exterior de españa hacia marrocos durante a etapa dos gobernos socialistas, entendendo esta política como un proceso onde as fases se superponen e se complementan.

Director/a: Rafael García Pérez

Áreas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela