Calidad de vida en pacientes tratados de Melanoma de Coroides

Título: Calidad de vida en pacientes tratados de Melanoma de Coroides

Autor/a: María Carmen Blanco Rivera

Centro de lectura: Facultade de MEDICINA E ODONTOLOXÍA

Data Lectura: 28 Abr 2005

Departamento: Depto. de CIRURXÍA

O Melanoma de Coroides é o tumor intraocular primario máis frecuente no adulto. As distintas alternativas terapéuticas dispoñibles na actualidade, ofrecen unha supervivencia semellante entre elas. Por outra banda, nos derradeiros anos, o concepto de Calidade de vida foise introducindo cada vez máis na medicina, adquirindo o doente un papel máis determinante nas decisións e feitos médicos. O obxectivo do estudo é determinar qué tipo de tratamento, Braquiterapia con I125 ou enucleación, que ofrecen unha supervivencia semellante segundo os estudos do COMS, achega unha maior calidade de vida aos doentes tratados de Melanoma de Coroides. Doentes e método. A todos os doentes do estudo realízaselles unha exploración oftalmolóxica completa. Son enquisados 65 doentes tratados de Melanoma de Coroides mediante Braquiterapia con I125 , enucleación ou ambos. O cuestionario utilizado é o VF- 14 ao que se lle realizan unha serie de modificacións sendo testado antes de ser finalmente utilizado. Os datos obtidos analizáronse estatisticamente.. Resultados e discusión. Encontráronse diferenzas estatisticamente significativas entre a agudeza visual media, tanto do ollo afecto como binocular, inicial e final, sufrindo un importante descenso, ao igual que noutros traballos publicados por outros autores. A puntuación media global obtida no cuestionario VF sofre tamén un descenso estatisticamente significativo despois do tratamento, resultando, á vez, as diferenzas entre doentes radiados e enucleados estatisticamente significativas para un determinado grupo de tarefas. Evidenciouse unha relación entre a agudeza visual binocular despois do tratamento e o tempo transcorrido dende o mesmo, coa calidade de vida subxectiva percibida polos doentes. Os doentes radiados tiveron, ademais, unha mellor percepción da súa saúde xeral que os que foran enucleados. Conclusións. Podemos afirmar, polo tanto, que os doentes radiados teñen unha mellor percepción da súa saúde xeral que os doentes enucleados, e poden, tamén, realizar con menor dificultade unha serie de tarefas dentro do cuestionario VF, fronte aos doentes enucleados. Por outra banda, a agudeza visual binocular e o tempo transcorrido tras o tratamento preséntanse como factores influentes na calidade de vida percibida polos doente

Director/a: Carmen Capeáns Tomé; Xosé Luis Otero Cepeda; Antonio Piñeiro Ces e Mª José Blanco Teijeiro

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela