Biologia predispersiva de Sorbus aucuparia L. (Rosaceae)

Título: Biologia predispersiva de Sorbus aucuparia L. (Rosaceae)

Autor/a: María Beatriz Pías Couso

Data Lectura: 12 Maio 2005

Departamento: Depto. de BOTÁNICA

Nas plantas leñosas é común unha elevada variación na producción anual de flores e frutos. Nalgunhas especies altérnanse anos nos que os individuos das poboacións se sincronizan nunha producción elevada, con períodos nos que a producción é moi baixa. Esta característica conócese como "mast seeding" ou "masting", e ten repercusións importantes na dinámica e na ecoloxía das poboacións da planta, e das especies coas que interacciona. Factores próximos (temporais), como as condicións climáticas e os recursos dispoñibles no medio, limitan a producción anual de flores e frutos axudando a súa elevada variabilidade. Por outro lado, considérase que unha variación interanual elevada nas colleitas, e unha sincronía elevada na reproducción dos individuos pode supoñer unha estratexia reproductiva para as plantas. As interaccións que a planta mantén cos animáis son factores fundamentáis na evolución para o "masting", mentres que os recursos dispoñibles poden ser, tanto un factor que o favoreza como un limitante. Nesta memoria analizamos o papel das interaccións planta-animal, e dos recursos e a súa xestión polas plantas, no patrón de fructificación de Sorbus aucuparia L. (Rosaceae). De forma máis concreta, estúdianse os factores relacionados coas pérdidas reproductivas durante a etapa predispersiva do ciclo reproductivo e a súa variación espacial e temporal.A magnitude das pérdidas reproductivas durante a etapa predispersiva foi alta, sen embargo, esta magnitude parece ter unha importancia a nivel evolutivo limitada. Aínda que na especie o o servizo dos polinizadores é necesario para a producción de froitos e sementes, a fructificación non parece estar limitada polo polen, dependendo en maior medida dos recursos dispoñibles. As pérdidas de potencial reproductivo individual varían entre anos, entre as poboacións e non son consistentes no tempo. Por outro lado, a cantidade de froitos potencialmente dispersables está determinada en gran medida pola cantidade de flores producidas polos individuos, polo que a representación individual no conxunto de sementes dispersadas está, básicamente, determinada por este factor. Ademáis encontramos que a variación entre os individuos, poboación e anos na producción de flores estivo relacionada coa heteroxeneidade do medio e co tamaño das plantas, suxirindo un papel importante dos recursos, e da súa xestión pola planta, na variación observada. O estudio pon de manifesto a existencia de limitacións derivadas da variabilidade observada, no posible papel das interaccións planta-animal na selección dos patróns de fructificación e, en última instancia, a necesidade de abordar o estudio das plantas leñosas policárpicas de vida larga a unha escala máis amplia.

Director/a: Pablo Guitián Rivera

Áreas: Ciencias Experimentais,Universidade de Santiago de Compostela