Avances en el conocimiento del patógeno de peces Tenecibaculum maritimum: implicaciones en el diagnóstico y prevención...

Título: Avances en el conocimiento del patógeno de peces Tenecibaculum maritimum: implicaciones en el diagnóstico y prevención de la enfermedad

Autor/a: Ruben Esteban Avendaño Herrera

Centro de lectura: Facultade de FARMACIA

Data Lectura: 16 Dec 2005

Departamento: Depto. de MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA

Nesta memoria realizamos a caracterización bioquímica, serolóxica e molecular de Tenacibaculum maritimum, axente causal da tenacibaculose ou flexibacteriose, enfermidade que causa importantes perdas no cultivo de peixes. Dende o punto de vista fenotípico, T. maritimum constitúe un grupo homoxéneo, pero presenta heteroxeneidade antixénica establecéndose diferentes serotipos, estreitamente asociados co hóspede. Ademais, determinamos a existencia de variabilidade xenética intra-específica dentro do patóxeno, describindo a existencia de dúas liñas clonais maioritarias, relacionadas co hóspede de illamento e/o grupo serolóxico. O estudo dos mecanismos de virulencia asociados á captación de ferro deste microorganismo revelou que T. maritimum posúe sistemas de elevada afinidade mediados e non mediados por sideróforos, que lle permitirían utilizar este compoñente a partir do hóspede. Ademais, demostrouse que polo menos algún destes sistemas funciona ”in vivo”. A nivel de diagnóstico, desenvolveuse un protocolo non letal baseado na técnica de PCR anidada, que é altamente sensible, específico e de fácil aplicación para a detección de T. maritimum, tanto en peixes sintomáticos como portadores da enfermidade. Os estudos encamiñados ao posible control e prevención da enfermidade demostraron que o uso rutinario do quimioterápico enrofloxacina nas plantas de cultivo causa unha rápida aparición de cepas resistentes ao mesmo composto. Propoñemos como método alternativo para a prevención dos brotes de tenacibaculose nas piscifactorías a desinfección da auga de cultivo e a superficie dos tanques con peróxido de hidróxeno nunha concentración de 240 ppm antes da introdución dos peixes. O estudo epizootiolóxico revelou que T. maritimum é afectado drasticamente pola microbiota autóctona da auga de mar, polo que a auga dos tanque de cultivo non sería un importante vector de transmisión da enfermidade.

Director/a: Alicia Estévez Toranzo e Beatriz Magariños Ferro

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela