Aspectos epidemiológicos, clínicos e histopatológicos de la intoxicación ocasionada por Solanum Bonariense L. (1753) en bovinos.

Título: Aspectos epidemiológicos, clínicos e histopatológicos de la intoxicación ocasionada por Solanum Bonariense L. (1753) en bovinos.

Autor/a: José Manuel Verdes García

Centro de lectura: Facultade de VETERINARIA

Data Lectura: 23 Nov 2006

Departamento: Depto. de CIENCIAS CLÍNICAS VETERINARIAS

En establecementos agropecuarios do oeste do Uruguai, a inxestión voluntaria de Solanum bonariense L. por bovinos en pastoreo desenvolveu episodios periódicos de ataxia, hipermetría, extensión da cabeza e dos membros torácicos, opistótonos, nistagmo e caídas cara os lados ou cara atrás. A reproducción experimental da intoxicación en becerros polo suministro de Solanum bonariense L. a través dunha fístula ruminal implantada cirúrxicamente, produciu signos clínicos similares o acadar unha dose total de 1,024 Kg/Kg de peso vivo e despois de 128 días de suministro da planta. Na necropsia dos casos naturais ou experimentais non se observaron lesións significativas, mentres que as lesións histolóxicas observadas foron similares en ambos casos, e incluíron: vacuolización, dexeneración e perda de células de Purkinje. Na sustancia branca cerebelosa observáronse esferoides axonais, microcavitacions e outros cambios típicos da dexeneración tipo walleriana. Tamén dentro das células de Purkinje dexeneradas, detectáronse cambios inmunohistoquímicos na distribución do citoesqueleto e na presenza de conxugados de ubiquitina. Os cambios ultraestructurais incluíron un aumento do número de corpos residuais de almacenamento electrón-densos dentro de vesículas rodeadas de membrana no pericario das células de Purkinje afectadas e un contido similar de vesículas, acompañadas de mitocondrias dentro dos esferoides axonais. Non se observaron lesións histolóxicas nos demais tecidos examinados. A dilatación e vacuolización do pericario das células de Purkinje coa subsecuente dexeneración cerebelosa suxiren a presenza na planta dunha toxina específica para as células de Purkinje, a que produciría diferentes cambios patolóxicos no metabolismo de estas células desencadeando así, alteracións no citoesqueleto e no transporte axoplásmico. Esto último determinaría a acumulación vesicular observada tanto dos pericarios como dentro dos axóns dilatados. A presente memoria de tese describe a toxicidade de S. bonariense para o gando bovino, definindo alteracións específicas das células de Purkinje que poderían contribuír coa patoxenia da dexeneración cortical cerebelosa ocasionada por la inxesta deste arbusto.

Director/a: Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, Florentina Guerrero Calleja

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela