Aplicación de sistemas de extracción sin disolventes para la determinación de pesticidas organofosforados en material de interés

Título: Aplicación de sistemas de extracción sin disolventes para la determinación de pesticidas organofosforados en material de interés médico-legal

Autor/a: María Eugenia Gallardo Alba

Centro de lectura: Facultade de MEDICINA E ODONTOLOXÍA

Data Lectura: 20 Ene 2006

Departamento: Depto. de ANATOMÍA PATOLÓXICA E CIENCIAS FORENSES

Os organofosforados foron dende o seu descubrimento en 1854, o grupo de pesticidas máis utilizado, e supoñeron unha alternativa ao resto dos biocidas. A sua baixa persistencia no medio ambiente constitue o elemento fundamental do seu enorme potencial de uso. Mesmo a pesar de que as intoxicacións ocasionadas por estes compostos non constitúen un problema sanitario de primeira magnitude se se comparan cas que producen outras sustancias químicas, existen importantes motivos que xustifican a necesidade de dispoñer de unha metodoloxía clara e precisa para a sua detección e determinación. Esta memoria describe un método analítico baseado na Microextracción en Fase Sólida na modalidade de inmersión directa (SPME-DI) acoplada á Cromatografía de Gases/Espectrometría de Masas para a determinación de dimetoato, diazinón, paratión, quinalfos, azinfos metil, clorpirifos, clorfenvinfos e paraoxón en mostras de sangue e urina. Como patrón interno utilizouse etión. Para a realización deste traballo, avaliaranse dous tipos de fibra: polidimetilsiloxano e carbowax™/divinilbenzeno de 100 e 65 µm de espesor respectivamente. Os mellores resultados obtiveronse ca fibra de carbowax™/divinilbenzeno.Optimizaronse os principais parámetros que influen na SPME: volume de mostra, precipitación de proteínas, tempos de extracción e desorción, temperatura, axitación da mostra, modificación de pH e adición de sais. Unha vez feita a optimización, realizouse a extracción da mostra: nun tubo de vidro pipetearonse 100 µL de mostra (sangue ou urina) aos se engadiron 10 µL de patrón interno de concentración 100 µg/mL e auga Milli-Q ata completar un volume final de 1 mL. Despois de axitar vigorosamente a mostra, a fibra púxose en contacto ca mesma. Decorridos 60 minutos de extracción a 60 ºC (sangue) ou 90 ºC (urina), a fibra recolleuse para ser desorbida posteriormente no inxector do cromatógrafo de gases a 240 ºC durante 1 minuto. A metodoloxía descrita foi validada de acordo con parámetros de validación regulados por organizacións internacionais. Estes parámetros foron: selectividade, curva de calibración, precisión e exactitude, límites de detección e cuantificación, recuperación, dilución das mostras e estabilidade.O método foi selectivo xa que non se detectaron interferencias nos tempos de retención e ións seleccionados para cada un dos analitos de estudo. Obtivose linealidade dentro dos rangos estudados: 0,05-50,0 y 0,01-50,0 µg/mL para o quinalfos e paratión en sangue e urina respectivamente, e 0,5-50,0 e 0,1-40,0 µg/mL para o dimetoato en sangue e urina respectivamente. Os valores obtidos para a precisión e exactitude, expresados como coeficientes de variación e bias respectivamente, foron inferiores ao 15 % para todas as concentracións estudadas en ámbalas matrices, de acordo cos criterios de validación adoptados. Os límites de detección obtidos na urina oscilaron entre 2 ng/mL para o quinalfos e diazinón e 50 ng /mL para o dimetoato. En sangue, estes valores oscilaron entre 4 ng/mL para o clorfenvinfos e diazinón e 250 ng/mL para o azinfos metil. Os límites de cuantificación obtidos na urina oscilaron entre 10 ng/mL para o quinalfos e paratión e 100 ng /mL para o dimetoato. En sangue, estes valores oscilaron entre 50 ng/mL para o quinalfos e paratión e 500 ng/mL para o dimetoato. A recuperación para o dimetoato foi de 1,25 % en urina e 0,50 % en sangue, para o paratión, 35,06 % en urina e 6,58 % en sangue, e para o quinalfos 26,26 % en urina e 14,49 % en sangue. Finalmente, o método foi aplicado a 99 mostras reais procedentes de autopsias medico-legais e hospitais.Esta metodoloxía constitue unha alternativa aos métodos de extracción convencionais, como a extracción líquido-líquido ou sólido-líquido, para a determinación de pesticidas organofosforados en medios biolóxicos no ámbito de la Toxicoloxía Clínica e Forense.

Director/a: Manuel López- Rivadulla Lamas

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela