Aplicación de los diagrmas de volatilidad al diseño y obtención de recubrimientos cerámicos

Título: Aplicación de los diagrmas de volatilidad al diseño y obtención de recubrimientos cerámicos

Autor/a: Pilar Rey Rodríguez

Centro de lectura: INSTITUTO DE CERÁMICA

Data Lectura: 8 Xul 2005

Departamento: Inst. de CERÁMICA

O propósito da presente Tese é o desenvolvemento dun novo método de obtención de recubrimentos cerámicos, baseado no tratamento térmico de sistemas cerámicos en atmosferas fortemente reductoras. O estudo da interacción entre a atmosfera e o sistema cerámico realizouse en tódolos casos estudiando os diagramas de volatilidade correspondentes. Ademais de realizarse unha revisión bibliográfica acerca de ditos diagramas, introduxéronse aspectos innovadores como o estudio en atmosferas de vacío e a competencia entre reaccións con productos gaseosos comúns. Neste último baseámonos para a construcción de diagramas de volatilidade de sistemas cerámicos formados por dos ou mais óxidos. Para a obtención de os recubrimentos cerámicos estudáronse diferentes variables de procesamento, das cales puidemos valernos para obter distintas composicións e microestructuras. Neste traballo aplicouse este método a algúns sistemas cerámicos aínda que é perfectamente extrapolable a outros materiais formados por dos ou mais óxidos con estabilidades termoquímicas diferentes.

Director/a: Francisco Guitián Rivera

Áreas: Ciencias Experimentais,Universidade de Santiago de Compostela