Análisis genético del sistema de captación de hemo en Vibrio anguillarum: caracterización estructural y funcional.

Título: Análisis genético del sistema de captación de hemo en Vibrio anguillarum: caracterización estructural y funcional.

Autor/a: Susana Mouriño López

Centro de lectura: Facultade de Farmacia

Data Lectura: 21 Xul 2006

Departamento: Depto. de MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA

Vibrio anguillarum é un dos principias axentes etiolóxicos da vibriosis nos peixes. Entre os diversos mecanismos de virulencia, é de destacar a súa capacidade de obter ferro a partir de distintas fontes presentes no hospedador, entre elas os grupos hemo. Nesta Tese Doutoral levouse a cabo a caracterización estructural e funcional dun cluster xénico que codifica a captación e transporte da molécula de hemo dende o medio extracelular ata o citoplasma bacteriano, analizando o papel que xoga este mecanismo de obtención de ferro na supervivencia e multiplicación do microorganismo durante o proceso infectivo. O sistema xénico descrito inclúe nove xenes organizados en tres unidades transcripcionais (xene huvA e os operones huvXZ e tonB1exbB1D1-huvBCD) e nos que a súa expresión está regulada pola concentración de ferro intracelular, a través do regulador transcripcional Fur. Así mesmo, a detección de secuencias do cluster xénico descrito en distintas cepas de V. anguillarum, serotipos O1 ó O10, confirma que a capacidade de utilización de hemo é unha característica propia da especie. Sen embargo, púxose de manifesto unha notable variabilidade xenética intraespecífica no sistema de utilización de hemo, xa que únicamente os xenes tonB1, exbB1 e exbD1 están presentes en tódalas cepas estudadas. A identificación de dous receptores de membrana externa diferentes, HuvA e HuvS, cunha baixa similitude na secuencia aminoacídica, ainda que funcionalmente intercambiables, suxire tamén diferenzas filoxenéticas dentro de V. anguillarum, ou a presenza de eventos de transferencia xénica horizontal. Finalmente, a caracterización e análise funcional de dous complexos TonB (TonB1 e TonB2) en V. anguillarum, demostrou a participación de ámbolos dous sistemas en distintos mecanismos de obtención de ferro, sendo funcionalmente intercambiables na utilización de hemo. Os ensaios de virulencia puxeron de manifesto a relación destes sistemas coa virulencia do microorganismo, e o papel que este mecanismo de captación e transporte de hemo xoga na evolución da infección causada por V. Anguillarum.

Director/a: Manuel Luis Lemos Ramos e Carlos Rodríguez Osorio

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela