Análisis genético del mejillón marino Mytilus galloprovincialis lmk. mediante técnicas proteómicas.

Título: Análisis genético del mejillón marino Mytilus galloprovincialis lmk. mediante técnicas proteómicas.

Autor/a: Esther Mosquera Gómez

Centro de lectura: Facultade de BIOLOXÍA

Data Lectura: 5 Abr 2005

Departamento: Depto. de XENÉTICA

No presente traballo, aplicáronse técnicas proteómicas, fundamentalmente electroforese bidimensional (2-DE) para realizar diferentes análises xenéticos en mexillóns da especie Mytilus galloprovincialis Lmk. As aplicacións da electroforese bidimensional son múltiples, especialmente nos estudios de proteómica de expresión. Neste traballo realizouse unha análise de proteómica de expresión co fin de detectar posibles diferencias nos niveis de expresión proteica entre mexillóns de cultivo e mexillóns do intermareal. Comparouse a expresión de 92 polipéptidos separados mediante 2-DE atopándose diferencias estadísticamente significativas en 45 (48.9%) deles. Estas diferencias discútense en conexión cos cambios moleculares implicados na adaptación de mexillóns a diferentes condicións ecolóxicas.Dende un punto de vista cualitativo, a 2-DE pon a nosa disposición unha gran cantidade de marcadores moleculares que nos permiten estudiar ademáis un amplio espectro de loci e que se aplicaron para o estudio xenético de poboacións naturais de Mytilus galloprovincialis. Estes marcadores empregáronse moi pouco ata agora neste tipo de estudios debido a que os primeiros estudios detectaron uns niveis de variabilidade xenética inferiores aos detectados mediante o estudio doutro tipo de marcadores moleculares, por exemplo, alozimas. Sen embargo a maior parte destes estudios están centrados en poucas especies de maneira que a información da que se dispón é redundante e sesgada como para obter unha visión adecuada dos niveis de variabilidade que este tipo de marcadores son capaces de detectar. Precisase a obtención de estimas adicionais en outras especies. Así, empregouse a 2-DE para medir o nivel de variabilidade xenética de loci que codifican proteínas abundantes do mexillón marino Mytilus galloprovincialis, obténdose os niveis máis elevados de heterozigose media (0.101) detectados ata o momento en especies animais mediante 2-DE. Estes resultados poñen en evidencia que é necesario un replanteamento en torno os niveis de variabilidade que a 2-DE é capaz de detectar. Por último o coñecemento dos mecanismos mediante os que as poblacións naturais se diferencian xenéticamente é central en xenética evolutiva. En organismos mariños o peso relativo das diferentes forzas que provocan esa diferenciación descoñécese en gran medida. Os lugares donde teñen lugar cambios xenéticos abruptos son ideais para estudiar este tipo de procesos e adoitan estar asociados á presencia de barreiras bioxeográficas. Unha das barreiras bioxeográficas máis interesantes nos océanos de todo o mundo é o frente oceanográfico Almería-Orán onde estudios de diferentes tipos de marcadores moleculares en varias especies de moluscos crustáceos e peixes, detectaron a existencia dun cambio xenético abrupto. Estudiouse a estructura xenética de poboacións naturais de Mytilus galloprovincialis a partires de oito mostras procedentes da costa atlántica e mediterránea da Península Ibérica mediante a análise da variación xenética existente en 38 loci polimórficos separados mediante 2-DE e a súa comparación con resultados precedentes obtidos por outros autores mediante o estudio de marcadores alozímicos. Observouse a existencia dunha discontinuidade xenética asociada ó frente oceanográfico Almería-Orán e coincidente coa detectada en estudioss previos mediante o análise de marcadores de alozimas e DNA mitocondrial. O nivel de diferenciación xenética detectado é máis de 3 veces superior ó detectado mediante o análise con marcadores alozímicos. Apórtanse novos datos sobre as forzas evolutivas responsables deste patrón de estructura xenética poboacional.

Director/a: Gonzalo Álvarez Jurado e José Luis López Rodríguez

Áreas: Ciencias Experimentais,Universidade de Santiago de Compostela