Análisis de la expresión Ghrelin en una línea cardiomiocitaria pura y su posible implicación en el sistema cardiovascular.

Título: Análisis de la expresión Ghrelin en una línea cardiomiocitaria pura y su posible implicación en el sistema cardiovascular.

Autor/a: María Jesús Iglesias Mareque

Centro de lectura: Facultade de MEDICINA E ODONTOLOXÍA

Data Lectura: 7 Out 2006

Departamento: Depto. de MEDICINA

En este ano 1999 descubreuse a existencia ghrelin, un novo péptido de orixen principalmente gástrico, e a importancia do seu decubrimento foi que se trataba do secretagogo de GH endóxeno do receptor de secretagogos de GH (GHS-R). Posteriormente ao seu descubrimento describíronse outras variantes. As variantes Des-Q14 ghrelin, presente solamente en estómago, é fundamental a nivel de estimulación da secreción de GH, que esta presenta a modificación octanoica de la serina 3. Outra das variantes de ghrelin, máis importantes é o des-acil ghrelin, carece da modificación polo que carece tamén da actividade como secretaggo de GH, a pesar de que a súa expresión e presencia en plasma é maior que a forma acilada de ghrelin. Describíronse outras moitas funcións de ghrelin entre as que destacan o increemento da inxesta e contribución á homeostasis enerxética, incremento da motilidad gástrica, regulación da proliferación celular, regulación do comportamento, regulación da función cardiovascular,etc. Des-acil ghrelin paricipa en igual modo na modulación de estos parámetros, aínda que existen outros mecanismos nos cales as súas funcións contrapóñense ou cotrarrestan a súa actividade por exemplo á hora da secreción de insulina polo páncreas. Este último ano descubreuse que a partir do xen de ghrelin sintetízase outra hormona, a obestatina que según os primeiros análises funcinais que existen parece ser o antagonista natural de ghrelin. O desenvolvemento de esta Tesis Doctoral realizouse co obxetivo de analizar o papel de tres hormonas (ghrelin, des-acil ghrelin e obestatina), que proceden do mismo xen , sobre o sistema cardiovascular e máis concretamente a nivel da viabilidade e do metabolismo dos cardiomiocitos. O papel de ghrelin sobre as inxesta e a melloría dos parámetros hemodinámicos son moi importantes á hora do estudo das enfermedades cardiacas e enfermedades asociadas a alteracións metabólicas como son a obesidade ou a diabetes. Existen diversos estudos que demostran un papel de ghreln e des-acil ghrelin no sistema cardiovascular. Presentan unha importante actividade sobre os parámetros hemodinámicos cardíacos, xa que ambos péptios reducen a presión arterial sin aumentar o ritmo cardíaco ou provocando bradicardia. Igualmente,desmostrouse que ghrelin mellora os parámetros hemodinámicos e regulando parámetros metabólicos de cordiociocitos sometidos a procesos de isquemia-reperfusión. Asimesmo,en individuos con alteracións cardiovasculares e que presenta caquexia, a adminstración de ghrelin, ademais de regular e mellorar a función hemodinámica, atenúa significativamente a caquexia, que se considera un factor de risgo cardiovascular independente. En este traballo, describimos por primeira vez que os cardiomiocitos son capaces de sintetizar e de secretar ghrelin, ademais de presentar su receptor en membrana. Esto fai supor que nas células cardíacas ghrelin presenta un papel funcional importante.Igualmente, determinamos que ghrelin e des-acil ghrelin, ao igual que a combinación de ambos, actúa como axente cardioprotector, dato moi importante xa que nas patolixías cardiacas como a acardiopatía isquémica prodúcese a morte das células cardíacas. Analizouse tamén a posible implicación de ghrelin e des-acil ghrelin sobre o metaboismo de lípidos e da glucosa. Encontrando que ambos péptidos presentan diferentes actividades. Mentras que ghrelin inhibe a captación de glucosa estimulada pola presencia de insulina, algo que podría provar un estado de resistencia a isulina, des-acil ghrelin aumenta a captación de ácidos grasos libres, sendo estal a maior fonte de enerxía para o corazón e estado fisiolóxico normal. Por outra parte, a obstatina non presenta un papel regulador sobre o metabolismo de lípidos ou glucosa dos cardiomiocitos.. Sen embargo, a obstatina exerce unha educación da actividade metabólica mitocondrial, esto podría ser relación de unha reducción da viabilidade celular ou de un aumento de apoptosis cardiomiocitaria. Non obstante, ningún de estos factores se ven alterados tras o tratamento con obestatina. En conclusión, desmostramos os cardiomiocitos expresan, sintetizan e secretam ghrelin. Asimesmo, desmostramos a existencia de sitios de unión específica para ghrelin, Des-G e obestatina na línea cardioiocitaria de ratón HL-1. A análise da actividade de ghrelin e de Des-G sobre a viabilidade celular e o metabolismo cardíaco mostran que ambos presentan actividade cardioprotectora,en cambio, existen diverxencias en canto aos seus efectos sobre o metabolismo de lípidos e glucosa. Pola súa parte, a obestatina reduce a actividade metabólica mitocondrial dos cardiomiocitos sin que eso sea consecuencia de unha modificación na viabilidade cardiomiocitaria ou o metabolismo da glucosa ou lípidos.

Director/a: José Ramón González Juanatey; Francisca Lago Paz

Áreas: Ciencias da Saúde,Universidade de Santiago de Compostela